Un condutor kamikaze provoca un accidente con tres feridos en Oleiros
Chocou de fronte contra outro coche na AC-12, a autovía que une A Coruña coa N-VI. Unha muller está grave.
Unha colisión frontal na AC-12 ao seu paso por San Pedro de Nós, en Oleiros, entre dous coches saldouse con tres persoas feridas este martes.
Segundo informa o 112 Galicia, un dos vehículos implicados circulaba en sentido contrario, e o choque produciuse no punto quilométrico 6,700 da AC-12 antes das 11,00 horas.
Entre os feridos hai unha muller grave, mentres que os outros dous están leves --un home e unha muller--, segundo sinala a Europa Press o Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros.
Foron avisados, entre outros, 061, Garda Civil de Tráfico, así como Bombeiros de Arteixo --que non chegaron a intervir--.
Escribe o teu comentario