Máis dunha decena de mortos pola caída dunha árbore nunha romaría en Madeira

Hai máis de trinta feridos, catro deles en estado grave. As testemuñas din que a árbore levaba anos en mal estado.


|

Madeiraarbore


Polo menos once persoas morreron e outras 35 resultaron feridas, catro delas en estado grave, como consecuencia da caída dunha árbore de grandes dimensións durante unha celebración relixiosa na illa portuguesa de Madeira.


O sinistro tivo lugar nos arredores dunha igrexa da parroquia de Monte, en Funchal. Centos de persoas reuníronse con motivo das celebracións da patroa da illa, segundo a televisión pública RTP.



Varias testemuñas explicaron a esta cadea que a árbore levaba anos en mal estado e mesmo aseguraron que os veciños da zona deran aviso para que as autoridades procedesen á súa retirada. Fontes oficiais citadas polo xornal Publico tamén confirmaron que a árbore representaba un perigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE