Sanidade inmobiliza 300 quilos de carne de poldro dunha festa gastronómica

Os responsables puideron acreditar o correcto almacenamento, manipulación e despezamento das carnes frescas.


|

Carnepotro


A Consellería de Sanidade inmobilizou preventivamente un lote de máis de 300 quilos de carne de poldro, que estaban destinados a consumo humano nunha festa gastronómica no Concello de Meis, por falta de garantía sanitaria.


Os responsables da mercadoría non presentaron a documentación que acreditase o correcto almacenamento, manipulación e despezamento das carnes frescas de equino inmobilizadas, entre o momento no que saíron do establecemento de sacrificio e o destino no local de elaboración. Por tanto, non se podía garantir a trazabilidade e o mantemento da cadea de frío.


CONTROIS PREVENTIVOS


A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial de Pontevedra, indica que é consciente do incremento na produción e distribución de alimentos nesta época estival, xunto cun maior consumo alimentario masivo fóra do fogar -debido ao lecer ou circunstancias festivas-.


Por esta razón, afírmase que "é máis relevante a adopción de medidas preventivas permanentes de control, como son as inspeccións e as inmobilizacións". A Consellería de Sanidade trata así de busca diminuír "o risco de aparición de enfermidades de orixe alimenticia, provocadas polo potencial consumo de produtos que non reúnen as preceptivas garantías sanitarias".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE