Cristiano Ronaldo non estará no arranque da liga en Riazor

No Dépor consideran que "non vai ser un factor importante", dado o nivel dos xogadores do Real Madrid.


|

MosqueraadrianMosquera e Adrián, no adestramento. Foto: RC Deportivo


A menos dunha semana para que o balón volva rodar en partido oficial en Riazor, o Dépor coñeceu hoxe a noticia de que non estará en fronte Cristiano Ronaldo. A súa expulsión e o empuxón ao árbitro na ida da Supercopa de España cústanlle ao portugués cinco partidos de sanción, que cumprirá na liga.


Con todo, no Dépor non se ve chisco de euforia. "Agora mesmo o Madrid, co persoal tan amplo que ten, se non está Cristiano perde un xogador incrible pero calquera que saia ten moitísimo nivel, non vai ser un factor importante", dixo este luns Pedro Mosquera.


O flamante capitán deportivista non escatimou en eloxios ao xogo do equipo madrileño. "Están a ser espectaculares, veñen rodados de xogar partidos importantes, de primeiro nivel, e van vir con bo ritmo", explicou, para mostrar as armas dos coruñeses: "máis sacrificio ca eles sen balón e tratar de ser valentes con el".


Sobre a súa capitanía, manifestou que "para calquera coruñés é un orgullo ser o capitán do Deportivo" e el desempeñarao tratando de conseguir "harmonía e bo ambiente".


DIANTEIROS


E mentres Adrián López adestrou por primeira vez este luns co equipo, segue vivo o tema de Lucas Pérez e algunha posible incorporación máis.


Ao parecer, segundo lle contou o seu axente a La Voz de Galicia, o Dépor subiu a oferta polo dianteiro coruñés ata os 12 millóns, unha cifra similar á que gañou coa súa venda ao Arsenal, descontados os pagos ao PAOK grego. Sen ambargo, os gunnners mantéñense firmes no non.


Doutra banda, as diferenzas económicas tamén frearon dúas posibles chegadas, co Atlético como implicado, segundo conta La Voz de Galicia. Unha sería a de Diego Costa, ata que en xaneiro o club colchonero cumpra a súa sanción. A outra fronte sería a cesión de Vietto, que non entra nos plans de Simeone. En ambos os casos, os salarios dos futbolistas son un muro moi alto para o Dépor.

relacionada O Dépor ponlle números ao seu obxectivo: quedar entre 8º e 12º
relacionada Adrián López pasa recoñecemento médico para quedar unha tempada
relacionada Pedro Mosquera tira de galóns para reclamar "bo ambiente" no Dépor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE