"Juana, moi valente, protexe os seus fillos, ponos a salvo"

Colectivos feministas de Galicia apoian a nai granadina que se nega a entregar os menores ao seu pai, condenado por malos tratos.


|

JuanarivasvigoConcentración de apoio a Juana Rivas.


Colectivos feministas de Galicia concentráronse este luns ante os xulgados galegos no marco da convocatoria nacional en apoio a Juana Rivas, a nai granadina que permanece desaparecida desde o pasado 26 de xullo cos seus dous fillos menores para evitar entregarllos ao seu proxenitor, condenado no seu día por malos tratos.


En Galicia, as concentracións celebráronse ás once da mañá ante a sede dos xulgados da Coruña e Vigo, onde mostraron carteis con lemas como 'Juana, conta comigo' e 'As crianzas de Juana en perigo'; e onde cantaron consignas como "Juana somos todas" e "Cando a inxustiza é lei a desobediencia é deber".


En Vigo, a portavoz Luisa Ocampo, defendeu a decisión adoptada por Rivas, xa que, sostivo, "un pai maltratador nunca pode ser un bo pai" e, neste marco, avogou por que "se unha lei non é correcta, hai que desobedecela". "Seguiremos loitando para que situacións como a de Juana non volvan suceder", selou.


Neste contexto, engadiu que "é incrible que a un pai maltratador" se lle concedan réximes de visita cos seus fillos, ante o que incidiu en que é necesario "que desapareza o machismo da Xustiza". Así mesmo, reclamou "axilizar" o pacto de Estado contra a violencia de xénero, que contempla que pais maltratadores non gocen de réxime de visitas dos seus fillos.


Ocampo lembrou que este mércores se reunirá o Tribunal Constitucional (TC) para responder a unha medida cautelar urxente que pide a paralización da entrega dos nenos por parte de Juana Rivas, posto que, insistiu, "déuselle a custodia a un maltratador con sentenza en firme". "Parécenos alucinante a desprotección na que quedan esas criaturas", apuntou.


"Juana, moi valente, protexe os seus fillos, ponos a salvo", destacou a continuación, e antes de lembrar que, "nos últimos anos, 26 nenos foron asasinados por pais maltratadores en réxime de visitas", o que exemplificou en Galicia co caso do pai das dúas nenas de Moraña e o pai do menor achado nun monte de Oza-Cesuras.

relacionada Concentración este luns en Vigo en apoio a Juana Rivas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE