8.000 euros para os galegos emigrados que volvan e se fagan autónomos

O plan de axudas da Xunta para os retornados apenas pasa das 20 solicitudes cando queda mes e medio de prazo.


|

Aeropuertomaletas


O plan de axudas da Xunta destinado a emigrados que desexen retornar a Galicia para iniciar un proxecto empresarial recibiu 21 solicitudes a mes e medio de que se peche o prazo de presentación, que finaliza o 29 de setembro.


Diso deu conta este domingo o Executivo autonómico a través dun comunicado, no que lembra que este programa, que contempla axudas de ata 8.000 euros, "xa deu impulso ata agora a 51 iniciativas".


Estas subvencións teñen como obxectivo promover a volta de "galegos do exterior" a través de axudas para que afronten "os gastos que implica o seu establecemento como traballadores autónomos ou por conta propia, ou ben como membros traballadores en sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado".


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, resaltou que estas axudas favorecen o retorno de galegos "na diáspora", traen "emprendedores con coñecementos" e xeran "novos postos de traballo".


Ata agora, 51 iniciativas beneficiáronse destas subvencións, que son compatibles con outras axudas dos diferentes departamentos dependentes da Administración autonómica.

relacionada Máis de 200 familias de galegos esperan unha axuda para retornar de Venezuela
relacionada O PSdeG pide acabar coa "dobre imposición fiscal" aos emigrantes retornados
relacionada A Eurocámara debate a "persecución" de Facenda aos emigrantes retornados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE