Galicia suma case 110.000 intervencións cirúrxicas no que vai de ano

Máis da metade non requiriron o ingreso do paciente. Os servizos de urxencias atenderon 1,2 millóns de casos.


|

Anestesiaoperacion


O Servizo Galego de Saúde realizou no que vai de ano máis de 109.800 intervencións, cirúrxicas das que un 54 por cento foron en ambulatorios e o 46 restante requiriron o ingreso do paciente.


Segundo sinala este sábado a Xunta nun comunicado, a actividade cirúrxica total incrementouse "un 6,6 por cento" respecto ao pasado ano e "un 16 por cento" no global dos últimos anos.


INGRESOS


No que vai de ano rexistráronse un total de 124.242 ingresos hospitalarios --case 2.000 máis que no mesmo período de 2016--. Tamén aumenta a hospitalización a domicilio, que pasou de 2.994 ingresos entre xaneiro e xullo de 2016 a 3.177 no que vai de 2017.


Por outra banda, os servizos de urxencias atenderon 1,2 millóns de casos --a maior parte de Atención Primaria-- o que supón unha media de 6.910 urxencias ao día.


Ademais, a Xunta destaca que os servizos do Sergas 16 millóns de consultas, unhas 127.000 cada día. Delas, case 3 millóns foron consultas hospitalarias, 55.000 non presenciais e os restantes 13 millóns levaron a cabo en Atención Primaria.

relacionada O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o verán pasado
relacionada O Cunqueiro informa das operacións aos familiares a través de SMS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE