Sada aproba reclamar que Meirás pase a ser patrimonio público

|

PlenosadaImaxe do pleno extraordinario de Sada. Foto: @Rocío Fraga


O pleno extraordinario do Concello de Sada aprobou este sábado declarar "non grata" a familia Franco pola súa proceder en relación ao Pazo de Meirás, un Ben de Interese Cultural do que piden a súa "incorporación ao patrimonio público" e a xestión municipal das visitas.


As iniciativas que se debatían neste pleno extraordinario prosperaron cos votos favorables dos representantes de Sadamaioría, BNG e PSdeG, mentres que o PP abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) votou en contra.


O alcalde, Benito Portela, convocou este pleno extraordinario despois de ter coñecemento que a Fundación Francisco Franco asumira a xestión do programa de visitas deste monumento e que, segundo dixo a entidade nun comunicado, empregaría para honrar a memoria do ditador. Así mesmo, critica o incumprimento das visitas que están fixadas por lei.


Na iniciativa aprobada, o concello condena "o proceder da familia Franco" en relación coas súas obrigacións derivadas do Pazo de Meirás, aos que declara "non gratos" como "expresión simbólica de rexeitamento".


Ademais, rexeita a xestión do programa de visitas a Meirás por parte da Fundación Francisco Franco á vez que "condena" as declaracións de "apoloxía do franquismo" desta entidade. De feito, consideran que esta decisión é "unha provocación a toda a sociedade galega en xeral" e "un anacronismo histórico" que a Xunta "non pode tolerar pasivamente".


Derivado desta cuestión, o pleno do concello pediu unha modificación da Lei de Fundacións co obxectivo de "impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo" e a aprobación dunha Lei Galega de Memoria Histórica para "impedir un ensalzamiento dos protagonistas da represión".


ASUMIR AS VISITAS E DEVOLUCIÓN DO PAZO


Como consecuencia do anterior, o Concello de Sada reclama que sexa o propio consistorio o que asuma o programa de visitas, unha cuestión que, apuntan, xa trasladaron nalgunha ocasión á Xunta.


A maiores, piden que se posibilite a "incorporación" do Pazo de Meirás ao patrimonio público a través dun estudo sobre a "apropiación" do inmoble e a constitución dunha Xunta prol Devolución do Pazo de Meirás, integrada por institucións, asociacións, partidos políticos, sindicatos e organismos que o desexen.


relacionada Tamén a cidadanía se suma ao rexeitamento á Fundación Franco
relacionada A petición para ilegalizar a Fundación Franco chega á Cámara Baixa
relacionada Suma de forzas para recuperar o Pazo de Meirás para o uso público

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress