Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:08




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Postos ambulantes de Portonovo vendían centos de armas prohibidas

|

Armasportonovo


A Garda Civil de Pontevedra incautouse dun cento de 'chaves de puxilato', consideradas como armas prohibidas, que estaban expostas nun posto de venda ambulante na localidade de Portonovo, e investiga ao seu responsable.

A aprehensión produciuse durante a madrugada deste xoves no transcurso dunha inspección rutineira que realizaron nos distintos postos de venda ambulante en Portonovo.

Nun dos postos, a Garda Civil puido comprobar que, entre outros obxectos, estaban expostas á venda preto dun cento de chaves de puxilato, consideradas como armas prohibidas, cuxa venda e tenza está tipificada e penada polo vixente Código penal.

Entre as armas incautadas había 46 puños americanos, 24 navallas bolboreta, 28 estiletes, compostos á súa vez por tres coitelos, así como unha lanterna que no seu mecanismo esconde un puñal.

Como responsable do posto de venda foi identificada unha cidadá de nacionalidade romanesa, á que se lle notificou a súa condición de investigada como suposta autora dun delito de tenza e venda de armas prohibidas.


relacionada Desmantelan en Tomiño un taller clandestino de reparación de armas
relacionada Catro anos de prisión para un ourensán que tiña un arsenal de armas na súa casa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress