Lídia Senra reclama "máis efectivos" e "máis medios" nas Illas Atlánticas

A eurodeputada galega pon de manifesto os recursos raquíticos destinados á protección do Parque Nacional.


|

Illaons 1Illa de Ons.


A eurodeputada galega integrada de AGEe Lídia Senra denunciou ante a Comisión Europea as "deficiencias" dos traballadores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, concretamente no arquipélago de Ons, que conta con "pouco persoal" e "poucos medios".


Segundo informa o grupo nunha nota de prensa, Ons conta con tres funcionarios e tres laborais durante todo o ano, "co risco que isto supón". Ademais, as contratacións que se fan "adoitan" ser de TRAGSA, que ofrece brigadas de incendios que asumen competencias "que non lles corresponden".


Senra afirmou tamén que as baixas "non se cobren", que "non dispoñen de convenio propio" e que están "en pésimas condicións" para realizar o traballo. Ademais, criticou que nas illas de Sálvora e Cortegada "só hai un laboral por quenda".


A maiores, a europarlamentaria incidiu na "masificación" na época estival, convocatorias de prácticas deportivas en tempada de cría de aves e voluntariado que "pretende suplir" a "falta de persoal" pero que provoca "máis traballo", entre outros problemas.


Ante esta situación, Senra asegurou que o persoal reclama "máis efectivos" e "máis medios" para a protección destes espazos, polo que o seu grupo pediu á Comisión Europea que se pronuncie --para o que conta cun prazo de entre catro a seis semanas-- e inste á Xunta a que solvente estes problemas, posto que o Parque é "a súa responsabilidade".

relacionada "Desaugues directos ao mar", sen depurar, na Illa de Ons
relacionada Lídia Senra denuncia no Parlamento europeo os "efectos nocivos" da "economía azul"
relacionada Lídia Senra defende en Europa a "visibilidade" das mulleres do rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE