A solución "máis lóxica" para o Cunqueiro é que o parking da Xunta sexa gratuíto

|

AlmuinhaJesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade.


A CIG-Saúde de Vigo volveu esixir que a Xunta faga gratuíto o actual aparcadoiro "privado e de pago" do Hospital Álvaro Cunqueiro, ou, na súa falta, facilite unha alternativa gratuíta nos terreos anexos que son de propiedade autonómica.


Nun comunicado, o sindicato apuntou que aínda que o Concello de Vigo vai abrir un aparcadoiro gratuíto, "non debería ser --o Goberno local-- o que se vexa obrigado a dar esta alternativa investindo diñeiro da cidadanía de Vigo, mesmo coa posibilidade de ser só gratuíta para estes".


En cambio, manifestou que "ten que ser a Xunta a que facilite a alternativa gratuíta", polo que considerou que "o máis lóxico" sería que fixese gratuíto o actual aparcadoiro do hospital, o cal "tería capacidade suficiente para dar resposta ás necesidades dos usuarios".


Con todo, ao entender que esta medida "choca frontalmente co modelo de hospital-negocio co que se construíu o novo hospital por decisión do Partido Popular", a CIG propuxo que a administración habilite un aparcadoiro gratuíto nos terreos da súa propiedade anexos ao novo hospital.

relacionada Caballero proponlle á Xunta que non cobre no seu aparcadoiro do Cunqueiro
relacionada O 'Tramabús' aparca no Cunqueiro cunha foto de Feijóo como 'convidado especial'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress