Detidos varios incendiarios acusados de provocar decenas de lumes

A un deles, sorprendido no monte, atribúenlle case 30. Outros dous son mozos duns 20 anos que levaban anos pegándolle lume ao monte.


|

IncendioforestalordesUn veciño de Mesía, sorprendido no acto.


A Garda Civil de Ordes detivo este venres no monte de Vilariño a un home acusado de 28 delitos de incendio forestal --nove deles "con grave risco para as persoas"-- que se produciron desde abril nas localidades coruñesas de Mesía e Frades, algúns "a escasos 30 metros de vivendas".


Segundo informou o corpo nun comunicado, o arresto produciuse no transcurso das investigacións, xusto cando o detido, veciño de Mesía de 53 anos, foi sorprendido con catro chisqueiros na man tras acabar de prender lume no monte.


Tamén se procedeu á aprehensión do vehículo que utilizou o detido "en multitude de ocasións" para cometer os delitos e dos catro chisqueiros cos que se lle detivo. Instrúe dilixencias o Xulgado de Instrución de Ordes.


"CASA POR CASA" PARA DAR COS AUTORES


A Garda Civil identificou e deteu dous mozos de 20 e 21 anos da zona de Coristanco aos que lles atribúe ata 13 incendios forestais producidos durante varios anos.


A investigación, dirixida pola patrulla do Seprona de Arteixo, contou coa colaboración de veciños da zona e integrantes do servizo de extinción de incendios forestais da Consellería do Medio Rural.


Foi tras os incendios do pasado 7 de agosto cando a patrulla decidiu intensificar aínda máis a investigación nas zonas calcinadas, entrevistándose "casa por casa e persoa por persoa" para dar coa autoría destes lumes.


A base de datos de incendios da Xunta de Galicia desde o ano 2010 ten constancia de que se veñen producindo multitude de incendios forestais nos lugares do Carrizal e O Piñeiro, en Coristanco, polo que a vixilancia e investigación nesas zonas intensificouse.


Sobre todo, nos anos 2016 e 2017, os incendios forestais concentráronse nos días finais de xullo e primeiros de agosto, onde se observa un 'modus operandi' determinado por horarios, puntos de inicio, intencionalidade vandálica e a época en que se producían estes lumes.


Por mor das investigacións, os axentes atribúen 13 destes incendios forestais aos detidos, A.R.R., de 21 anos e veciño do Carrizal (Coristanco), e A.B.E., de 20 anos veciño do Sixto (Carballo).

relacionada 5.000 euros de recompensa por delatar o autor do incendio de Verín
relacionada Sinalan a dous sospeitosos como autores do gran incendio de Verín
relacionada Investigados tres homes por dous incendios forestais en Folgoso e Manzaneda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE