Unzué espera a chegada dun xogador "con chegada e desborde"

|

UnzueandamioUnzué quere reforzar o ataque.


Aínda que se mostra "satisfeito coa predisposición e a aptitude dos xogadores", o novo adestrador do Celta recoñece que o equipo aínda debe mellorar "na maioría dos aspectos.


A unha semana de que volva a liga, Unzué defende que "isto require un tempo. En fases coa pelota o equipo evolucionou, pero temos que atopar os movementos para ameazar un pouco máis o rival".


O técnico celeste atopa máis dificultades "cando se trata de repregar, aparecen os conceptos que eles teñen interiorizados dos tres anos anteriores".


Sobre posibles chegadas de última hora, Unzué revelou que "a operación que estamos a buscar é a dun xogador da parte de arriba e iso obrigaría á saída dun xogador. Queremos un xogador que teña gol e que sexa atacante, que teña chegada e desborde".


En calquera caso, considera importante "un bo arranque" na competición, porque cre que "se os resultados van axudando, a evolución pode ser un pouco máis rápida".

relacionada Os plans de Unzué pasan por "moita máis saída de balón e máis posesión"
relacionada O Celta cae no seu regreso a un Balaídos case baleiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress