Nigrán ocultoulles aos bañistas a contaminación da auga en Praia América

|

Praiaamericanigran 1Praia América, en Nigrán. Foto: turismo.gal


A Xunta reprobou que o Concello de Nigrán non informase á poboación de episodios de contaminación na auga rexistrados entre os días 7 e 10 de agosto en Praia América, a pesar de que se lle advertiu "da obrigatoriedade de informar do estado das augas mediante carteis".


Tal e como comunicou este venres a Administración autonómica, a análise microbiolóxica realizada o pasado luns en Praia América confirmou a presenza de Escherichia coli (bacterias fecais) nunha proporción que superaba o valor máximo aceptable establecido.


Neste marco, lembrou que nestes casos a lei obriga aos concellos a comunicar esta situación con carteis informativos que prohiban o baño ou recomenden absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica.


Con todo, a Xunta asegurou que, a pesar de que o mércores lle esixiu estas cuestións ao alcalde, o Goberno municipal non informou os usuarios destes episodios, os cales se deron por finalizados este venres ao dar negativas as análises.


Ante estes feitos, fontes da Administración autonómica indicaron a Europa Press que valoran a posibilidade de abrir un expediente sancionador contra o Concello nigranés.


A XUNTA NON O NOTIFICOU ATA O MÉRCORES


O Concello, pola súa banda, alega que a avaría que produciu os episodios de contaminación foi solucionada o mesmo día en que se lle notificou, e ao día seguinte os resultados das análises foron "correctos".


Así, xustifica que a Xunta non lle informou da vertedura ata última hora da mañá do mércores e que "esa mesma tarde atallouse". Tamén relata que as súas propias analíticas deron resultados correctos o xoves.

relacionada O cambio climático empeza a traer peixes tropicais ás augas galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress