A DXT prevé case 900.000 desprazamentos en Galicia nesta ponte

|

Traficocoches


A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé 891.000 desprazamentos de longo percorrido polas estradas galegas a partir deste venres, 11 de agosto, con motivo da operación especial '15 de agosto 2017', que se inicia ás 15,00 horas deste venres e que finalizará a medianoite do martes.


Segundo informou a DXT, os desprazamentos que se espera que se produzan en Galicia e a súa área de influencia serán o 11% do total de 8.100.000 que se producirán en España.


Así, a DXT poñerá especial atención nas vías de Galicia que maior densidade de tráfico concentran cada ano: as autoestradas e autovías AP-9, A-6, A-52 e A-55, así como nas nacionais N-550 e N-634. Ao longo do mes de agosto, está previsto que se produzan na comunidade preto de 5 millóns de desprazamentos.


A nivel nacional, o operativo dará cobertura ás viaxes de longo percorrido desde o interior cara a zonas costeiras e terá especial incidencia na vixilancia dos traxectos curtos, propios dos desprazamentos a cidades con celebracións patronais.


O maior incremento de vehículos prevese este venres e o sábado pola mañá nas saídas das grandes cidades cara ás zonas turísticas do litoral e poboacións con celebración de festas.


A DXT ten previsto instalar carrís reversibles e adicionais con conos nas horas de maior afluencia circulatoria. Así mesmo, paralizaranse as obras nas estradas, limitarase a celebración de probas deportivas e outros eventos que supoñan a ocupación da calzada e restrinxirase a circulación de camións en xeral e aos que transportan determinadas mercadorías en tramos, datas e horas.


Os días intermedios, os desprazamentos serán de curto percorrido principalmente en estradas con destino ás praias e ás localidades onde se celebren festas.

relacionada A DXT fai un 'xaque mate' aos avisos de controis na estrada por WhatsApp
relacionada A DXT, á caza dos comportamentos perigosos nas estradas galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress