Roi Casal leva este domingo a Verín un espectáculo en homenaxe a Neira Vilas

|

RoicasalgalegocubanoRoi Casal, nunha imaxe da xira.

O cantante Roi Casal actuará este domingo ás 21,30 horas na Praza García Barbón de Verín. Este concerto, incluído na súa xira 'Son galego, son cubano', con cancións con letras do escritor Xosé Neira Vilas, amenizará a XXI edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.


Segundo informa o Concello de Verín nun comunicado, este é "un dos moitos" espectáculos musicais e teatrais que terán lugar esta semana no municipio con motivo da celebración, unha cita coa gastronomía, as artes e, "por encima de todo", o viño.


O ciclo 'Son galego, son cubano' do artista catoirés foi presentado no Gran Teatro da Habana de Cuba en maio de 2016 con "dous memorables concertos". O espectáculo, que xa foi visto "por máis de 50.000 persoas", conta con letras de Neira Vilas e pon en escena "os mellores músicos de ambos os países".


Roi Casal traballou co escritor ata o seu falecemento en novembro de 2015, polo que a xira está considerada como unha "fermosa homenaxe" a Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde residiu durante 31 anos da súa vida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress