O Dépor ponlle números ao seu obxectivo: quedar entre 8º e 12º

|

GilhermedeporGuilherme, durante un adestramento. Foto: RC Deportivo.


Segunda campaña no Dépor para Guilherme, cuxo contrato lle deu "máis responsabilidade" para "devolver a confianza depositada en min", pero tamén máis "confianza para facer o meu traballo".


O brasileiro confía en empezar a liga ante o Real Madrid "da mellor maneira posible". "Temos que facer un gran partido e puntuar na casa", desexou.


Desde Vilalba, o xogador afirmou que esta "recta final" na concentración lucense lles fixo estar "listos" para o campionato. "Desde que estamos aquí xa temos o pensamento de que o inicio está a piques de chegar", explicou.


Gilherme pon en cifras a altura á que o equipo ten o listón. "O noso obxectivo e o meu é estar entre o 8º e o 12º, como pensabamos o ano pasado. Non puidemos pero creo que este ano si o faremos. O meu pensamento é ese e temos equipo para iso", vaticinou.


Para logralo, desexa que Lucas Pérez forme parte do cadro de xogadores, pero cre que os reforzos que xa hai conseguiron unha boa integración. "Coñeciamos á maioría, os que chegaron xa son tamén amigos e está a ser perfecta".

relacionada Sidnei, "contento" por ser un dos capitáns do Dépor
relacionada Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress