Vigo mira o ceo para ver a choiva de estrelas das Perseidas

A cidade quere ser destino 'Starlight', "porque nos montes a contaminación lumínica é practicamente inexistente".


|

EstrellasfugacesperseidasVigo quere ser destino 'Starlight'.


O Concello de Vigo, que aspira a que a cidade sexa distinguida como destino turístico 'Starlight', organizou para a madrugada do sábado ao domingo, días 12 e 13 de agosto, diversas actividades para observar desde o zoo e os seus arredores a choiva de estrelas das Perseidas.


Así o trasladou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que indicou que as actividades se prolongarán desde as 22,30 horas do sábado ata as 00,30 horas do domingo, coa habilitación de varios lugares dentro do zoo para poder ver as estrelas e con expertos que explicarán este fenómeno.


Posteriormente, desde a 1,00 ata as 3,00 horas, no exterior do zoo e o miradoiro da Madroa organizarase outra actividade gratuíta na que tamén participarán expertos.


Caballero remarcou neste marco que pretende que a cidade olívica sexa destino turístico 'Starlight', porque "se dan as condicións". "Vigo préstase para iso porque nos montes a contaminación lumínica é practicamente inexistente. A escuridade é total e permite ver as estrelas", sostivo.


En relación a iso, concretou que entre os puntos que poderían ser considerados 'Starlight' inclúense o Monte Alba, o Monte dos Pozos e o zoo. "Hai bastantes lugares que se poden converter", asegurou, antes de apuntar que nas cidades se perdeu "o costume de ver as estrelas e --hai-- que retomar iso, porque é unha riqueza cultural, un espectáculo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE