Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:12




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Atopan en Baleira unha cova con pinturas rupestres descoñecida ata agora

|

PinturasrupestresbaleiraA cova non estaba inventariada.

A Garda Civil e un arqueólogo da Xunta inspeccionaron este mércores unha cova situada no termo municipal de Baleira (Lugo) que presenta pinturas rupestres descoñecidas ata agora.


Segundo informou o corpo, foron tres senderistas que se atopaban na zona os que informaron o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, tras atopar marcas con aspecto de pinturas rupestres.


Os efectivos desprazados ata a zona comprobaron que se trataba dunha cova "non inventariada ata a data", polo que puxeron o achado en coñecemento de patrimonio da Xunta de Galicia, que desprazou persoal especializado para examinalo.

relacionada A Cova de Eirós, entre a ameaza e o recoñecemento internacional
relacionada Piden a inclusión dun novo petróglifo en Cervo no catálogo de xacementos arqueolóxicos
relacionada A Cova de Eirós convértese no xacemento con arte rupestre máis antigo de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress