Dous lugueses agrediron cunha arma de fogueo un mozo de 23 anos

Cren que se trata dun "axuste de contas" relacionado coas drogas, porque os agresores teñen antecedentes.


|

PistolafogueoOs agresores están identificados, pero non detidos.


A Policía Local de Lugo informou da instrución de dilixencias contra dous homes que agrediron un veciño cunha arma de fogueo na cabeza e propináronlle varios golpes, nun enfrontamento que se iniciou en redes sociais.


Segundo informa a Policía Local, a agresión ocorreu no barrio do Sacro Corazón, nas proximidades da Igrexa. O aviso, que foi recibido ás 17,18 horas do martes, informaba de que catro persoas estaban a agredir a un mozo. Denunciábase que portaban, supostamente, unha arma de fogo, porque se escoitou unha detonación e o agredido sangraba pola cabeza.


Os axentes desprazáronse ao lugar e localizaron un mozo desorientado, tremendo e aparvado, cun golpe na cara. Foi identificado como un veciño de Lugo, C.G.L., de 23 anos de idade. O agredido explicoulles aos axentes que momentos antes fora agredido e que utilizaran unha arma de fogueo contra el.


ANTECEDENTES


Os axentes iniciaron a continuación a pertinente investigación, podendo saber, a través de testemuñas presenciais que, nun primeiro momento, había catro mozos no altercado. Un deles portaba unha pistola de fogueo coa que encañonou o agredido na fazula, á vez que lle dicía "voute matar".


Despois, colocoulle a arma na cabeza e disparoulle, ocasionándolle lesións e provocando a súa caída ao chan, onde foi despois golpeado polos integrantes do grupo.


Amigos da vítima identificaron os autores da agresión como B.N.S. e o seu irmán J.N.S., veciños de Lugo. Segundo a información solicitada pola Policía, a agresión derivábase dun enfrontamento a través das redes sociais.


A Policía Local informou que un dos autores da agresión xa participara noutro altercado o luns na rúa Bispo Aguirre, onde tamén foi identificado e denunciado por un membro da Policía de Barrio por infrinxir a lei de Seguridade Cidadá por alterar a orde pública.


ASUNTO DE DROGAS


O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, asegurou que a agresión puido obedecer a "un axuste de contas" por "un asunto relacionado con drogas".


Baséase para iso en que "as persoas que participaron nesa pelexa, todas elas teñen antecedentes penais relacionados con delitos e algún por tráfico" de sustancias estupefacientes.


O subdelegado aclarou que "os agresores están perfectamente identificados e están á espera de que se lles deteña e tomarlles declaración, e se fose preciso pasalos a disposición xudicial".

relacionada Un só coche de policía e unha patrulla a pé para atender todo Lugo
relacionada Detido un mozo por unha agresión sexual en pleno centro de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE