Feijóo: "Para estar en Madrid en tres horas só nos falta o que nos falta"

O presidente autonómico mételle présa a Rajoy pola conexión de AVE, prometida no Plan Galicia.


|

AltavelocidadtrenO AVE, prometido no Plan Galicia do 2003.


Mariano Rajoy destacou que o AVE chegará a Galicia e ao País Vasco "á maior celeridade posible" xa que "son dúas das grandes prioridades" do seu Executivo.


Rajoy pronunciouse deste xeito durante o seu discurso no acto do 40 aniversario do grupo hostaleiro Hotusa, en Chantada, e en resposta ao presidente da Xunta, quen, nunha intervención previa, fixo referencia ás obras desta infraestrutura en Galicia. "Aos galegos para estar en Madrid en tres horas só nos falta o que nos falta", manifestou o titular do Executivo autonómico, sobre unha infraestrutura prometida no Plan Galicia de 2003 e atrasada agora ata 2019 como mínimo.


"Espero que en ambos os casos chegue á maior celeridade posible", asegurou Mariano Rajoy, que recoñeceu que, "do mesmo xeito que ocorre coas estradas", é "máis fácil" facer as obras por "zonas chairas" que "por zonas cunha orografía" como a galega, que "dificulta as cousas".


Por iso, incidiu en que as actuacións estarán finalizadas "máis pronto que tarde" como, segundo indicou, "ben sabe o presidente da Xunta que se ocupa, e fai ben, constantemente de que iso sexa así".

relacionada En Granada protestan contra a "fuga de millóns" ao marxinado AVE Galego
relacionada Un AVE directo entre Ourense e Vigo reduciría en 32 quilómetros o traxecto
relacionada Fomento atrasa a chegada do AVE a Galicia ata verán de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE