Galicia "é un dos polos nacionais de compañías biotech"

A nosa comunidade acolle o 7,9% das empresas españolas que realizan actividades en biotecnoloxía.


|

InvestigacionbiotecnologiacienciaA biotecnoloxía suma ao emprego e ao PIB.


Galicia acolle no seu territorio o 7,9 por cento das empresas que realizan actividades biotecnolóxicas e ocupa o quinto posto neste ranking, estando por diante unicamente Cataluña, Andalucía, Madrid e País Vasco.


Así o destacou este mércores o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida Bioga, que destacou que en territorio galego están instaladas o 5 por cento das firmas de toda España cuxa actividade principal é a biotecnoloxía.


En España existen 2.981 empresas que realizan actividades vinculadas á biotecnoloxía (un 8,72 por cento máis que no exercicio anterior), das que 654 son estritamente 'biotech'. Destas últimas, segundo o Informe 2015 do Sector Biotecnológico en Galicia, o 9,3 por cento localízanse en Galicia.


Durante 2016 en Galicia constituíronse o 4,6 por cento das novas empresas creadas en España no sector. Os datos confirman que a comunidade galega "é un dos polos nacionais de xeración de talento e de novas compañías biotech", destacou Bioga.


Así mesmo, a entidade lembrou que as biotecnolóxicas españolas contribuíron de forma directa e indirecta á xeración de 90.000 millóns de euros de renda en 2015, o que supón en torno ao 8,6 por cento do PIB total nacional. O sector representa máis de 930.000 empregos en 2015 en toda España.

relacionada Galicia, no podio das comunidades máis emprendedoras no sector bio
relacionada Biotecnoloxía e madeira, obxectivos para a "reindustrialización" de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE