A maior papeleira portuguesa fíxase en Galicia para se asegurar eucaliptos

A nova lexislación do país veciño limita a expansión desta especie no seu territorio, sinalada a raíz do incendio de Pedrógão Grande.


|

NavigatorcompanyComplexo industrial. Foto: The Navigator Company


Se o Executivo de Feijóo provocou un 'efecto chamada' á expansión do eucalipto coa retirada do límite das centrais de biomasa e a cuestionada prórroga a Ence, Galicia entra agora nos plans dun novo actor.


A maior empresa de pasta de papel de Portugal, The Navigator Company, fíxase na nosa comunidade para conseguir "outras fontes de madeira". A causa deriva de que o Goberno portugués impulsou unha reforma forestal encamiñada a limitar a expansión do eucalipto, principal especie dedicada ao papel e sinalada tras a catástrofe vivida no incendio de Pedrógão Grande.


Segundo o Jornal de Negócios, os responsables da compañía confirmaron os seus plans de expandir as súas 12.000 hectáreas de eucaliptos, pero fóra do país, establecendo "unha base forte no norte de España, en Galicia". "Poderemos ter máis área en España e menos en Portugal", declarou Diogo da Silveira, o seu presidente executivo.


E é que a reforma forestal portuguesa establece que para plantar unha nova área de eucalipto, debe identificar e recuperar antes outra plantación pouco produtiva, arrincala e "deixar o terreo en condicións para o uso agrícola ou pecuario ou plantar inmediatamente unha nova especie que non sexa eucalipto".

relacionada Feijóo fai legal o ilegal e provoca un "efecto chamada" a plantar eucaliptos
relacionada Pontón solicita por carta a Feijóo un "gran acordo de país" en política forestal
relacionada O incendio forestal de Pedrógão Grande deixa máis de 60 mortos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE