Deputación e Concello asinan o convenio para o acceso sur ao Hospital Montecelo

O hospital puxo en marcha o segundo aseo accesible e adaptado a pacientes ostomizados.


|

Montecelo 1

Hospital Montecelo.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron os convenios de colaboración que permitirán a construción do acceso sur a o Hospital Montecelo e a rotonda do centro Príncipe Felipe.


Está previsto que as obras da coñecida como Rolda Este se inicien cara á primavera de 2018. Trátase do viario que unirá a estrada do Pino-Bora á altura do Marco con Montecelo.


Este acceso sur está orzado en 3.416.014,38 euros e a rotonda ten un custo de 549.981,31 euros que a Deputación asume integramente mentres que o Concello terá que poñer a disposición da institución provincial os terreos.


Os mandatarios da Deputación e o Concello sinalaron este acto como unha nova colaboración que mostra a "boa sintonía" que hai entre as dúas administracións. Á firma tamén asistiu o vicepresidente provincial e concelleiro pontevedrés, Cesar Mosquera.


A presidenta Carmela Silva destacou que estas infraestruturas "coinciden" co modelo urbano impulsado desde Pontevedra e baséanse na mellora da mobilidade e da seguridade viaria e dun "tratamento diferente" dos espazos públicos e do armazón urbano "do século XXI" no que "coincidimos completamente" desde a Deputación, e que "non ten marcha atrás".


ASEO ACCESIBLE


O Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra puxo en funcionamento o seu segundo aseo accesible e adaptado a pacientes ostomizados, que se engade ao que xa presta servizo preto da entrada principal deste centro desde febreiro.


Este novo espazo foi deseñado polo persoal de mantemento do CHOP, coas achegas da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal, de modo que os profesionais especializados tamén poidan contribuír á aprendizaxe de novos pacientes á hora de cambiar a súa bolsa.


Pontevedra e O Salnés convertéronse o pasado mes de febreiro na primeira área sanitaria de España en dispoñer dun aseo accesible en condicións óptimas para as persoas portadoras dunha bolsa de ostomía. Nesta área sanitaria existen uns 2.000 pacientes portadores dunha bolsa de ostomía, mentres que a nivel autonómico son uns 5.000.

relacionada Os colectivos críticos co Sergas, excluídos do proxecto do 'Gran Montecelo'
relacionada Chega ao Parlamento unha ILP que reclama acelerar a ampliación do Hospital Montecelo
relacionada Pontevedra quedará este verán con 82 camas pechadas entre o hospital Provincial e Montecelo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE