Luns, 21 de Agosto de 2017 06:38




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Detido o suposto autor do atropelo de sis militares en París

|

AtropelloparisLugar do atropelo.


A policía francesa detivo un home sospeitoso de cometer o atropelo que esta mañá deixou tres militares feridos na localidade de Levallois-Perret, nos arredores de París.


O suposto autor está ferido grave e foi capturado cando circulaba nun BMW de cor negra por unha autovía na rexión de Pas de Calais, preto da Canle da Mancha, segundo informa a cadea de televisión francesa BFM.


O individuo tentaba fuxir co seu vehículo para evitar ser arrestado e rematou chocando contra un coche da Policía, que abriu fogo contra el por un xesto sospeitoso.


O home, nacido en 1980, recibiu cinco disparos e foi trasladado a un hospital con prognóstico grave. Segundo a cadea de televisión, non estaba fichado pola Policía, que está a facer comprobacións para determinar se é o home que atropelou os seis militares especializados na loita antiterrorista.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada Abatido un home no aeroporto París-Orly tras arrebatarlle a arma a un militar
relacionada Un xihadista mata a un policía e deixa outros dous feridos graves nos Campos Elíseos
relacionada A policía francesa dispara a un home que atacou a un axente en Notre Dame

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress