Simboloxía franquista nas festas de Castro de Rei

O BNG critica a inserción dunha publicidade co escudo franquista no programa das celebracións.


|

CastrodereifranquismoPublicidade co escudo franquista. Foto: Twitter


O Bloque Nacionalista de Castro de Rei denunciou a inserción, na revista das festas de Castro Ribeiras do Lea 2017, dun anuncio dunha empresa que inclúe un escudo pre-constitucional.


O Concello colabora coa revista con 6.000 euros, segundo denuncia o BNG, que afirma recoller varias queixas de veciños sobre a publicación do anuncio dunha empresa de recambios. A formación sostén que non é "de recibo nin positivo utilizar o programa de festas para divulgar a simboloxía franquista".


Desde o BNG solicítase ao Concello que impida no futuro feitos semellantes.

relacionada Xincanas e excursións en San Simón, un campo de concentración franquista
relacionada O Concello de Lugo retira a simboloxía franquista do Colexio Manuel Mallo Mallo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE