Santiago quere ser amigable para os usuarios das bicicletas

|

AparcabicisduarteJorge Duarte, preto dun aparcabicis. Fonte: Concello de Santiago.


O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, deu a coñecer os novos aparcabicicletas que se están a instalar no casco histórico durante este mes de agosto.


Segundo explicou o concelleiro, "instalaranse 68 aparcabicis en 23 localizacións diferentes", que buscan fomentar o desprazamento da veciñanza en bicicleta. As localizacións elixidas son a praza do Obradoiro, avenida de Rodrigo de Padrón, Porta Faxeira, rúa Nova, praza de Mazarelos, praza da Universidade, San Fiz, praza de Feixóo, Virxe da Cerca, Pescadería Vella, Cervantes, Salvador Parga, Porta do Camiño, CGAC, San Roque, San Martiño, San Francisco, praza da Inmaculada, Carretas e San Juan Bautista La Salle.


MATERIAL ARTESANAL


Estes 68 novos aparcabicis, que se rematarán de instalar ao longo do mes de agosto, teñen forma de "u" invertida, por ser "o formato que mellor se adapta a todo tipo de bicis e que ten maior demanda e seguridade". Ademais, están feitos en ferro por un ferreiro compostelán, Chago Martínez, para que a tipoloxía de material se adapte ao casco histórico estética e visualmente.


Tal como avanzou Duarte, "as 23 ubicacións foron elixidas por estar próximas a centros escolares, oficiais ou edificios con maior demanda". Tamén se atopan uns preto dos outros, para facilitar o desprazamento das persoas en bicicleta. De feito, están colocados a 50 metros (30 segundos) dos centros de interese.


Esta instalación responde ao Plan de Implantación de Aparcabicicletas en Santiago, que comeza coa instalación de 68 novos aros no recinto intramuros e "continuará con posterioridade, tanto no resto do casco histórico como no Ensanche e noutros barrios da cidade", indicou o concelleiro. Así, nas reurbanizacións novas, como Montero Ríos, xa se instalaron aparcamentos deste tipo.

relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada
relacionada Os ciclistas piden que axentes camuflados castiguen os condutores imprudentes
relacionada Deteñen un ciclista que circulaba ebrio e falando polo móbil no túnel do Hórreo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress