Sidnei, "contento" por ser un dos capitáns do Dépor

O central valora a estancia do equipo en Vilalba, porque cre que "é bo para nós estar xuntos".


|

Sidneidepor 1Sidnei asegura que a súa cabeza está "aquí". Foto: RC Deportivo.


Tras o recente anuncio da repartición de brazaletes no Dépor, Sidnei móstrase "contento" por ser un dos elixidos, aínda que di que "todos somos capitáns, cada un coa súa parte de responsabilidade".


O central asume, iso si, os seus galóns e espera "poder axudar os meus compañeiros do Dépor a conseguir os seus obxectivos como veño facendo estes anos".


Sobre os rumores acerca do seu futuro, deixa claro que "teño a miña cabeza aquí, estou a prepararme para facer unha gran tempada no Dépor e agora mesmo o meu pensamento só está aquí".


O central valora a estancia do equipo en Vilalba, porque cre que "é bo para nós estar xuntos". 


Sidnei falou ben do que será previsiblemente o seu compañeiro na defensa, Fabian Schär. "É un gran xogador, estamos todos moi contentos con el, vén para axudarnos e estou seguro de que o fará".

relacionada O Dépor reparte cinco brazaletes: Mosquera, Borges, Sidnei, Juanfran e Navarro
relacionada Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán
relacionada Pedro Mosquera tira de galóns para reclamar "bo ambiente" no Dépor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE