Luns, 21 de Agosto de 2017 06:27




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

CaixaBank, recoñecido pola súa estratexia dixital por Global Finance e The Banker

|

CaixaBank 9

Jordi Gual, presidente de CaixaBank, e Gonzalo Gortázar, conselleiro delegado.


CaixaBank foi premiado pola revista británica The Banker (do Grupo Financial Times) e pola publicación norteamericana Global Finance, polo seu proceso de dixitalización e aposta pola innovación. 


No caso de The Banker, a entidade gañou o premio ao Mellor Proxecto Tecnolóxico do ano na categoría de Intelixencia Artificial polo lanzamento do chatbot de imaginBank, o banco mobile only de CaixaBank para os millenials. 


Este chatbot é un software de mensaxería dispoñible na páxina de Facebook de imaginBank ou a través da app Facebook Messenger, a través do cal os clientes da entidade poden coñecer ofertas e descontos exclusivos. A publicación británica ha eloxiado o espírito innovador deste proxecto, que utiliza a intelixencia artificial para falar cos usuarios cunha linguaxe natural, de maneira clara, amigable, e mesmo con emoticonos, e ofrecerlles as promocións que mellor se adapten aos seus intereses e lugares de residencia.


Por outra banda, Global Finance premiou a CaixaBank como Spain's Best Consumer Dixital Bank (Mellor Banco Dixital en España) pola súa aposta pola dixitalización para ofrecer unha mellor calidade de servizo aos seus clientes. Ademais, a revista estadounidense tamén recoñeceu á entidade como a mellor de Europa Occidental en catro categorías máis: Best in Mobile Banking (Mellor Banca Móbil), Best in Social Media (Mellores Redes Sociais), Best Integrated Consumer Bank Site (Mellor Web para clientes particulares) e Best Bill Payment & Presentment (Mellor Sistema de Pagos de Facturas).


O CHATBOT, O PRIMEIRO DO SECTOR FINANCEIRO ESPAÑOL


O chatbot de imaginBank é o primeiro servizo destas características da banca española. Para interactuar con el, o usuario debe enviar unha mensaxe privada a través de Facebook ou da aplicación móbil de mensaxería desta rede social. 


Automaticamente, o robot dá a benvida e o guía para as diferentes opcións para acceder ás máis de 200 propostas que forman parte do programa de descontos en lecer e compras de imaginBank. 


Deste xeito, os clientes de imaginBank poden gozar de diferentes promocións especiais en viaxes, hoteis, restaurantes, moda ou música, e estar informados das novidades grazas ás alertas configurables.


A intelixencia artificial implantouse para ofrecer un mellor servizo ao cliente, xa que axuda a filtrar as promocións e interpretar as procuras dos usuarios, convertendo a linguaxe oral ou escrita en entradas que o xatbot poida responder. A creación deste bot segue a aposta de aplicar as últimas tendencias en innovación en imaginBank, o banco só para móbiles de CaixaBank e utiliza a intelixencia artificial de Watson, desenvolvida por IBM.


OS PREMIOS REFORZAN UN ALICERCE FUNDAMENTAL


Jordi Gual, presidente de CaixaBank, asegurou que estes premios supoñen para CaixaBank un "novo recoñecemento á nosa estratexia dixital, un dos alicerces do Plan Estratéxico 2015-2018, e a aposta pola innovación que sempre formou parte do ADN de CaixaBank para utilizar os avances tecnolóxicos en beneficio dos nosos clientes".


Pola súa banda, Gonzalo Gortázar, conselleiro delegado de CaixaBank, engade que "a transformación que estamos a realizar afecta os nosos procesos internos, para ser máis eficientes e dixitais; á forma en que nos comunicamos cos nosos clientes, a través de canles máis cómodas e convenientes; e ao contido dos servizos que ofrecemos".


LÍDER EN INNOVACIÓN A ESCALA MUNDIAL


CaixaBank é considerado como un banco líder en innovación a escala mundial, con 5,5 millóns de clientes en banca online, dos cales 3,9 millóns operan a través do móbil. A entidade é líder en banca electrónica con 15,6 millóns de cartóns en circulación e unha cota de mercado por facturación do 23,3%. 


Foi unha das primeiras entidades do mundo en apostar pola implantación comercial dos sistemas de pago contactless e da tecnoloxía de pago a través do móbil, que fixeron que reciba varios premios internacionais.


Por outra banda, imaginBank é o primeiro banco mobile only de España no que a operativa se realiza exclusivamente a través de apps para móbiles e para redes sociais. O seu lanzamento supuxo un avance na estratexia de innovación de CaixaBank, recoñecida internacionalmente como unha das entidades líderes na aplicación das novas tecnoloxías aos servizos financeiros.

relacionada Caixabank, elixido de novo este ano como mellor banco de España
relacionada Xunta e Caixabank cooperan en dous proyetos medioambientais de I+D+i
relacionada CaixaBank gaña un 32% máis na primeira metade do ano, 839 millóns

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress