Premio para os funcionarios que menos falten ao traballo en Ponteareas

|

Papeleofuncionarios 1Terán que cumprir o 90% da súa xornada.


O pleno do Concello de Ponteareas aprobou un plus de produtividade para os funcionarios que menos falten ao seu posto de traballo.


A contía aínda está por determinar, pero este complemento será concedido a aqueles traballadores que cumpran polo menos o 90% da súa xornada laboral ao cabo do ano.


O alcalde, Xosé Represas, do BNG, xustificou a proposta pola necesidade de "evitar o absentismo". Ademais, defendeu que está "pactado con todos os sindicatos".


Este plus de produtividade saíu adiante co apoio do PSOE e a abstención de Esquerda Unida. Nunha sesión que o grupo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas abandonou reprochando a convocatoria deste pleno extraordinario en agosto con sete puntos na orde do día.


Pola súa banda, o PP criticou que a compensación se dea simplemente por acudir ao traballo.

relacionada CCOO cuestiona a metodoloxía da Xunta para ponderar a carga de traballo dos funcionarios
relacionada O Goberno aplícase a subida de soldo dos funcionarios e Rajoy gañará 65,81 euros máis ao mes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress