Luns, 21 de Agosto de 2017 06:43




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

10.000 firmas a favor do macro centro comercial Porto Cabral en Vigo

|

Portocabral


A comisión de dez entidades (entre elas a Comunidade de Montes de Cabral) e particulares que promove unha Proposición non de Lei de Iniciativa Popular para que se desenvolva o macrocentro comercial e de lecer Porto Cabral en Vigo recolleu no primeiro mes de campaña 10.000 firmas de apoio, catro veces as que se necesitan para esta iniciativa.


Segundo comunicaron os promotores desta acción, a maior parte das firmas recolléronse no centro de Vigo, e nas próximas semanas prevén estender a campaña tanto a outros barrios da cidade como a distintos municipios da área metropolitana.


A Proposición non de Lei que queren presentar no Parlamento galego, para o que necesitan que polo menos un partido político asuma a súa defensa, propón instar á Xunta a tramitar o desenvolvemento do ámbito de Liñeiriños pola vía supramunicipal ou polo seu "excepcional interese público".


A comisión, que lembrou que o desenvolvemento do centro comercial e de lecer "contará cun investimento de 600 millóns de euros" e "xerará 4.000 empregos directos", pretende manter a recollida de firmas durante "o tempo máximo concedido pola lei para a recollida de firmas, que finalizará o próximo 16 de outubro".


Os promotores da campaña son os presidentes das comunidades de montes de man veciñal de Cabral e de Guizán; os presidentes do Real Aero Club de Vigo, da Asociación de Veciños de Cabral, da Asociación de Xubilados e Pensionistas Daniel Castelao, da Asociación Deportiva Carballal e da Asociación de Mulleres Rosalía de Castro; e outros particulares e comuneiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress