O Celta de Unzué prepara a súa reaparición en Balaídos

Udinese e Roma son os dous rivais que lles esperan esta semana. Jozabed asegura que xa se entenden mellor co novo adestrador.


|

Celtaentrenamientomadroa

O Celta axústase ao que pide Unzué. Foto: RC Celta


A Madroa volveu acoller o adestramento do Celta tras a súa expedición europea. O equipo prepara os choques desta semana ante Udinese e Roma, o mércores e o domingo.


Este luns Jozabed atendeu os medios de comunicación e aproveitou para valorar as sensacións positivas colleitadas nos días de concentración.


"Xa van tres semanas de pretemporada e esa idea de perseguir ao home xa se foi e cada vez facemos mellor a presión sen balón. Os conceptos do ano pasado están esquecidos e estamos a coller os do novo adestrador", relatou.


Destacou os cambios en defensa, xunto coa idea de "saír xogando desde atrás, asumir ese risco que creo que nos dará moitas cousas".


Ante esta impresión, o xogador declarou que "por suposto que vexo o equipo capacitado para pelexar por Europa. Non queremos falar de prioridades pero tampouco nos poñemos ningún límite".

relacionada O Celta remata a xira europea sen conseguir ningunha vitoria
relacionada Jozabed pon os goles do Celta no último choque en Inglaterra
relacionada Unzué: "Vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE