Mércores, 23 de Agosto de 2017 10:08




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

O Dépor reparte cinco brazaletes: Mosquera, Borges, Sidnei, Juanfran e Navarro

|

DeporjugadoresestadioO Dépor concéntrase unha semana en Vilalba. Foto: RC Deportivo.


A tradicional concentración do Dépor en Vilalba pecha un dos debates do equipo branquiazul: os capitáns. Finalmente, Luisinho, que si luciu brazalete na pretemporada, queda fóra da lista de cinco.


Pedro Mosquera, Celso Borges, Sidnei, Juanfran Moreno e Fernando Navarro son os elixidos para gobernar o vestiario.


Doutra banda, Borja Valle atendeu os medios de comunicación esta mañá, asegurando estar "moi feliz" a nivel individual pola confianza que recibiu de Pepe Mel.


"O meu pensamento só pasa por quedar aquí, crecer como futbolista, asentarme, estar feliz, e sumar", declarou. Unha situación mellorada mesmo ao conseguir un gol ante a súa afección en Riazor no Teresa Herrera.


Da marcha do equipo este verán, Borja Valle advirte que o partido ante o Porto "veunos moi ben para darnos conta de certas carencias que a nivel individual e colectivo temos que solucionar. O outro día xogouse un bo partido con cousas positivas e cousas negativas que sempre hai".


No que se refire a fichaxes, Borja Valle deu o visto e prace á chegada de Adrián, cuxa cesión parece que só está pendente de firma. "Se vén recibirémolo cos brazos abertos, seguro que chega para sumar e será un salto de calidade", valorou.

relacionada Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán
relacionada Pedro Mosquera tira de galóns para reclamar "bo ambiente" no Dépor
relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress