Galicia é a oitava comunidade en financiamento por habitante

|

Cuentaseconomiacalculadora

2015 pode ser a base do novo modelo.


Galicia é a oitava comunidade de réxime común máis beneficiada en 2015 en canto a financiamento efectivo a competencias homoxéneas por habitante axustado, aínda que retrocede tres décimas respecto de 2014, segundo un informe publicado pola Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea) este luns.


En concreto, neste informe realizado por Ángel de la Fuente calcúlase o financiamento definitivo de 2015 a competencias homoxéneas e igual esforzo fiscal e introdúcense algúns axustes ás cifras oficiais co fin de facelas máis comparables entre comunidades.


Neste índice Galicia é unha das dez comunidades que se atopa por encima do 100%, cun 104,6%, tres décimas menos que en 2014.


CINCO AUTONOMÍAS, POR BAIXO DO 100%


As comunidades mellor financiadas nestes termos son Cantabria (123,4%, +2,1 respecto de 2014), A Rioxa (120,8%, -1,0) e Estremadura (114,4%, -0,7).


Tras elas situáronse Baleares (108,4%, +1,5 puntos respecto de 2014), Castela e León (106,8%, -0,1), Aragón (105,4%, sen variación), Asturias (104,8%, -0,7), Galicia (104,6%, -0,3) e Castela-A Mancha (100,3%, -0,5).


Doutra banda, as CC.AA. peor financiadas en 2015 segundo este criterio foron Comunidade Valenciana (92,5%, +0,3 respecto de 2014), Murcia (95%, -0,1), Andalucía (96,5%, -1,7), Comunidad de Madrid (98%, +0,1) e Cataluña (98,2%, +0,6).


BASE PARA O NOVO MODELO


Esta clasificación, elaborada por Ángel de la Fuente para Fedea, introduce algúns axustes ás cifras oficiais publicadas polo Ministerio de Facenda e Función Pública para, segundo esta institución, facelas máis comparables entre administracións.


Neste sentido, Fedea subliña que os datos de 2015 "son de especial interese porque este podería ser o ano base do novo sistema que se comezou a negociar se este se pon en marcha en 2018". Respecto de 2014, o volume total do financiamento definitivo rexional experimentou en 2015 un aumento do 6,9%.

relacionada Un posible cambio ao medir a dispersión ameaza o financiamento de Galicia
relacionada Hacienda recibe as conclusións dos expertos en financiamento autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress