"Hai montado un chiringuito ao redor da extinción de incendios"

|

Arbolesquemadosincendio


A deputada do PSdeG Patricia Vilán asegurou este luns que a Xunta gobernada polo PP "non quere cambiar" o "chiringuito" articulado ao redor da extinción de incendios en Galicia, unha cuestión que, criticou, fía "á natureza".


A preguntas dos medios durante unha rolda de prensa en Santiago, Vilán lembrou que os incendios son "un problema endémico" da comunidade, que empezan a notarse "no mes de agosto" en base ás temperaturas e ao estado dos montes e que cesan cando "empeza a chover".


"Esa é a política antiincendios do presidente Feijóo", criticou Vilán, que se basea en "crer na natureza" e esperar a que "empece a chover" para parar lumes coma o de Verín, que calcinou xa máis de 1.300 hectáreas.


Vilán lamentou que, desde a Administración galega, non exista "ningunha clase de prevención". "Sabemos cales son os problemas, hai montado un chiringuito ao redor da extinción dos incendios que non se quere cambiar", dixo Patricia Vilán, para quen a Xunta "non ten ningún tipo de interese en arranxalo".

relacionada 5.000 euros de recompensa por delatar o autor do incendio de Verín
relacionada O día que empezou o incendio de Verín houbo outros 20 en Galicia
relacionada Brigadistas de Seaga denuncian precariedade laboral e falta de prevención
relacionada PSdeG denuncia que a Xunta deixou 39 millóns en prevención de incendios sen executar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress