O portaavións Príncipe de Asturias sae por última vez de Ferrol

|

PortaavionesprincipeasturiasO buque foi construído nos estaleiros da antiga Bazán.

O vindeiro mércores, 9 de agosto, o portaavións 'Príncipe de Asturias', o buque insignia da Armada Española ata a entrada en servizo do LHD 'Juan Carlos I', ten previsto abandonar un dos peiraos de Navantia, onde leva varios anos amarrado, para iniciar unha travesía que o trasladará ata o porto de Aliaga (Turquía), onde será despezado.


Para poder acometer a manobra de saída do buque militar da ría de Ferrol está prevista a utilización de ata catro remolcadores, nunha manobra que está prevista que se desenvolva desde as oito da mañá, para iniciar dúas horas máis tarde, ás 10,00 horas, o proceso de remolque ata a zona exterior da ría de Ferrol. Alí, un remolcador de altura, o "Alice One", da navieira vasca Ibaizábal, ten previsto facerse cargo do traslado do portaavións ata o porto turco. A travesía prolongarase durante aproximadamente uns 20 días, por augas do Atlántico e Mediterráneo.


ADXUDICATARIAS


A Unión Temporal de Empresas (UTE) Surus Inversa e Leyal Deltas foron as que lograron facerse coa propiedade deste buque, de 200 metros de eslora, mediante poxa pública, por un importe de 2,7 millóns de euros, materializada no mes de maio deste ano 2017.


Ao longo dos últimos meses, unha das integrantes desta UTE, Surus Inversa, realizou a bordo do buque un inventario de materiais perigosos, ademais doutras xestións, como a retirada de aceites e hidrocarburos, ademais de certificar que todos os compartimentos do buque están libres de gases, así como o selado de diversos compartimentos.


HISTORIA


O buque Príncipe de Asturias foi construído nos estaleiros da antiga Bazán de Ferrol, a actual Navantia, a mediados da década dos 80. A súa primeira saída ao mar realizouna en 1987, estando ao servizo da Amada menos de tres décadas, xa que foi dado de baixa en decembro do 2013, debido ao seu alto custo de mantemento.


Desde a súa base en Rota (Cádiz) partiu nese momento cara a Ferrol para permanecer os últimos anos atracado, ata que se materializou a súa venda para poder efectuar agora o seu despezamento.

relacionada A Armada prepárase en Ferrol para actuar como antidisturbios en protestas
relacionada Felipe VI e o Rei emérito presiden o 300 aniversario da Escola Naval en Marín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress