Venres, 18 de Agosto de 2017 23:52




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Atopan a un home falecido nun polígono industrial de Ourense

|

GuardiacivilcocheA Garda Civil investiga o falecemento.


As forzas da orde investigan o achado do corpo sen vida dun home, atopado no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) en plena vía pública á primeira hora da mañá deste luns.


O servizo do 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 7,15 horas deste luns, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. O cadáver foi localizado na Rúa 7, en plena vía pública.


Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse enseguida á Garda Civil. Polo momento, desde o 112 infórmase que se descoñecen as circunstancias nas que se produciu a morte do home.

relacionada A Policía rexistra en Ourense un centro dependente da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress