A Xunta asegura que "non lle gusta" ver a Fundación Franco en Meirás

|

Pazomeiras2A Xunta non fará máis que "calquera cidadán".


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asegurou que á Xunta "non lle gusta" que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas ao Pazo de Meirás, á vez que incidiu en que "non ten competencias" para decidir se as declaracións e os actos da organización incumpren a legalidade.


Ademais, afirmou que a Administración autonómica "non descarta tomar medidas" se a fundación que xestiona as visitas ao complexo de Sada comete accións que vaian contra a lei, pero insistiu en que son os órganos xudiciais os que se deben ocupar do seu cumprimento.


Así o afirmou o titular en resposta a preguntas dos medios durante a presentación deste sábado da camiñada 'Monumenta. Andar con arte', nas que tamén aclarou que lles "gustaría que fose outro organismo" o que xestionase as visitas ao Ben de Interese Cultural que é o Pazo de Meirás.


"Obviamente, non se pode consentir ningún tipo de comportamento que vaia en contra da lei ou que practique calquera tipo de apoloxía do fascismo ou do terrorismo", declarou Román Rodríguez á vez que puxo en valor que esta é unha sociedade onde, "afortunadamente, todos teñen dereitos e obrigacións".


"IGUAL QUE CALQUERA CIDADÁN"


O conselleiro reiterou que é a Xustiza a que "se debe ocupar de cumprir a lei", polo que debe ser esta quen determine se son ilegais as declaracións do portavoz da Fundación Francisco Franco, Jaime Alonso, nas que aseguraba que o ditador "non fusilaba a xente" e que usarían os percorridos polo Pazo de Meirás para falar sobre a "grandeza de Franco".


Ao seu modo de ver, se a Xunta, "igual que calquera cidadán ou calquera administración, ten constancia de que hai calquera declaración ou actitude en contra da lei", "o seu deber" é informar a xustiza para que este órgano actúe.


Ademais, Román Rodríguez reafirmou que "fixeron todo o que tiña que facer no seu momento" con respecto á declaración do Pazo como BIC, e reiterou que a Fundación Franco "nunca tivo nin ten" a colaboración da Xunta.

relacionada As esquerdas e a democracia en Galiza
relacionada A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador
relacionada A Xunta ofrécese agora a denunciar se hai exaltación franquista en Meirás
relacionada A Deputación da Coruña denunciará se hai "apoloxía franquista" en Meirás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress