O Celta remata a xira europea sen conseguir ningunha vitoria

Guidetti e Maxi Gómez puxeron os goles este sábado ante o Leverkusen, un encontro que rematou con empate a 3.


|

CeltaleverkusenBayer Leverkusen 3-3 Celta. Foto: RC Celta


O Celta volve a casa coas masn baleiras da xira europea. Ou estarían baleiras se a estas alturas importasen os resultados. E é que os celestes non conseguiron ningunha vitoria na súa xira europea por Inglaterra e Alemaña.


Este sábado os de Unzué asinaron un empate a 3 contra o Bayer Leverkusen, un rival de categoría, para se examinar de verdade, contra o que marcaron primeiro e chegaron con vantaxe ao descanso. Un gol obra de Guidetti, desde a frontal, golpeando o longueiro e enchufándose na rede, xusto despois dun gol anulado ao Bayer.


O resto da primeira metade foi igualado, co Celta tratando de ter o balón, fiel ao seu estilo, e o Leverkusen buscando o empate e poñendo as ocasións.


Tras o descanso chegaron máis goles. Outra vez Guidetti foi o primeiro en atopar porta, poñendo o 0-2 para os vigueses á hora de partido.


Con todo, o conxunto alemán repúxose, dominando o xogo e conseguindo a remontada en menos de 15 minutos.


Demostra a intensidade do choque que o Celta conseguise volver empatar. Logrouno Maxi Gómez, cun remate no corazón da área a centro de Sisto.

relacionada O Celta despídese de Inglaterra, onde deixa un amigo para sempre
relacionada Jozabed pon os goles do Celta no último choque en Inglaterra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE