Mércores, 23 de Agosto de 2017 09:55




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

As asembleas da limpeza da Coruña aceptan desconvocar a folga

|

LimpiezacartonbasuraSó falta a firma do alcalde.


As asembleas de traballadores dos servizos de limpeza da Coruña déronlle o visto e prace ao preacordo para desconvocar a folga anunciada esta semana, polo que só falta que o concello firme o documento cos compromisos adquiridos para que a medida de presión quede oficialmente suspendida.


Así o confirmaron este sábado a Europa Press fontes sindicais, que concretaron que a reunión co alcalde herculino, Xulio Ferreiro, terá lugar na mañá do próximo luns.


Deste xeito, se o consistorio coruñés asume oficialmente os compromisos concretados no comité de negociación, a folga quedaría desconvocada a partir do martes.


A comezos desta semana, os traballadores dos servizos municipais de limpeza anunciaron a convocatoria dunha folga a partir do día 11 de agosto, coincidindo co arranque das Festas de María Pita.


Tras isto, o goberno local e os representantes sindicais iniciaron un proceso de negociación que desembocou nun preacordo que foi sometido á aceptación das asembleas dos traballadores. Estas asembleas iniciáronse o pasado xoves e finalizaron na mañá deste sábado.

relacionada A primeira asemblea da limpeza da Coruña apoia desconvocar a folga
relacionada Os traballadores da limpeza da Coruña convocan unha folga indefinida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress