Un fallo informático deixa ao descuberto os procesos xudiciais galegos

|

CiberseguridadCSIF alerta dun "buraco na seguridade".


A área de Xustiza da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciou ante a Dirección Xeral de Xustiza os "graves fallos" de seguridade detectados este xoves e este venres no sistema informático xudicial galego --denominado 'Minerva'--. Este problema permite aos funcionarios acceder a todos os procesos penais e civís en fase de instrución e mesmo modificalos.


Tal e como recolle a CSIF nun comunicado, o sindicato "esixe" que se adopten medidas para resolver o problema e protexer de posibles modificacións estes documentos --informes, escritos, resolucións ou declaracións manexados, entre outros-- polos Xulgados e que se comprobe o alcance do fallo nos órganos xudiciais de Galicia.


O organismo advertiu do "atentado contra a intimidade" e a "confidencialidade" das persoas, dereitos recolleitos na Lei Orgánica de Protección de Datos. Estes datos persoais, informou, suprímense no formato impreso pero non no informático.


A CSIF alertou tamén do "risco" que isto implica "para a vida e integridade" dos individuos en situación "de vulnerabilidade", en procesos de agresión sexual, de violencia de xénero ou con menores, ou mesmo daqueles declarados testemuñas protexidas.


Ademais, con este "buraco na seguridade", os funcionarios doutros órganos xudiciais poden ver e modificar os procesos penais, reservados "por lei" salvo para as partes implicadas. O organismo lembrou tamén a "gravidade" dalgunhas causas dos xulgados afectados, que cualifica de "moi mediáticas".


"NON É A PRIMEIRA VEZ"


O sindicato informou de que o fallo afecta tamén a outras comunidades que utilizan o sistema Minerva --como é o caso de Murcia-- e recordou de que "non é a primeira vez" que se detectan fallos nel con risco de fuga de datos.


Así, segundo lembra, a Axencia Española de Protección de Datos (AGPD) "xa sancionou" en 2011 á Xunta e "instouna" a adoptar medidas de seguridade para evitar estes problemas. Ante isto, a CSIF declarou que "descoñece se a administración implementou tales medidas".

relacionada A Deputación da Coruña blíndase contra ciberataques
relacionada España prepárase ante posibles ciberataques ou interferencias rusas nunhas eleccións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress