Pepe Mel encara o Teresa Herrera como un ensaio do inicio da liga

|

PepemelgorraPepe Mel, durante un adestramento. Foto: RC Deportivo


Chega un clásico do verán como o Teresa Herrera e o Dépor afronta o seu torneo como "a proba máis importante" para ensaiar o inicio da liga, tal e como dixo esta mañá Pepe Mel.


O técnico deportivista valorou o rumbo do equipo para empezar ben o campionato. "Somos un equipo que temos que traballar desde a seguridade defensiva e despois tratar de construír un xogo porque temos argumentos", declarou, consciente de que teñen "un inicio de liga potente".


Sobre posibles chegadas, Pepe Mel recoñeceu que falou "un par de veces" con Adrián e contou que atopou o xogador do Porto "bastante receptivo" á espera de que os clubs arranxen un acordo.


Sobre este asunto pediu á afección "que teña paciencia". "A secretaría técnica está a traballar o mellor que pode", defendeu.


Así, referiuse tamén a Lucas Pérez, do que Arsene Wenger está disposto a desprenderse. "Cando se achega o final do mercado todo o que parece imposible faise máis factible", augurou.

relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"
relacionada Un vello coñecido para reforzar a dianteira branquiazul este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress