Noriega defende un equilibrio que permita a "convivencia" co turismo

O alcalde de Santiago non quere unha zona histórica convertida "nun parque temático" e cre positivo que se abra o debate.


|

NoriegamartinhoNoriega defende que se abran debates sobre o turismo.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, incidiu en que o turismo "non pode romper o modelo de convivencia" das cidades, polo que afirmou que é positivo que se vaian "abrindo debates" ao redor da necesidade de "gobernar" o sector nos lugares que maior número de visitas reciben.


Así se expresou o rexedor este venres na súa comparecencia de prensa tras a xunta de goberno local, na que recoñeceu que o turismo deixa "importantes réditos económicos" nunha cidade como Santiago, na que o pasado ano se bateron récords de visitas.


Con todo, Noriega asegurou que o seu goberno aposta por regular o sector para impulsar na capital galega un modelo de turismo "de calidade, respectuoso cos veciños e que non converta o centro histórico nun parque temático".


Á súa chegada ao consistorio santiagués, Compostela Aberta aprobou unha moratoria na concesión de licenzas para novas prazas hostaleiras no 'casco vello' da cidade e, hai uns meses, trasladou a Núñez Feijóo a proposta para crear unha taxa para gravar as pernoitas na capital galega.


Con todo, a medida foi rexeitada pola Xunta --as competencias en materia turística son autonómicas--, aínda que o primeiro edil de Santiago indicou este venres que é positivo que se abrise "o debate" sobre a creación da taxa turística.

relacionada Feijóo e Noriega saen da súa reunión coas mesmas posturas separadas sobre a taxa turística compostelá
relacionada Martiño Noriega tentará "soltar lastre" na segunda metade do seu mandato
relacionada Santiago terá no outono unha foto fixa dos apartamentos turísticos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE