O efecto de Pedro Sánchez devólvelle intención de voto ao PSOE

|

PedrosanchezavalesO PSOE reduce a vantaxe do PP, segundo o CIS.


O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de xullo, o primeiro desde a volta de Pedro Sánchez á dirección do PSOE, volve situar o PP como o partido máis votado, cunha estimación de voto do 28,8%, pero a súa vantaxe vese reducida a só 3,9 puntos polo aumento dos socialistas, que crecen cinco puntos.


En concreto, o CIS atribúelle ao PP unha estimación de voto do 28,8%, case tres puntos por baixo do que marcaba tres meses antes e lonxe do 33% que colleitou nas xerais de 2016. Ese retroceso, unido ao ascenso do PSOE, que sobe ata o 24,9%, provoca que a súa vantaxe se reduza a só 3,9 puntos, fronte aos máis de dez puntos que lle viña sacando aos socialistas.


Pola súa banda, Unidos Podemos e as súas confluencias marcan un 20,3%, seis décimas máis que tres meses antes pero por baixo do 21,1% das eleccións de xuño de 2016.


Ciudadanos consolídase cun 14,5%, un punto e medio por encima do que sacou nos comicios de hai un ano pero catro décimas menos que na enquisa de abril, a última con intención de voto.

relacionada A Executiva de Pedro Sánchez logra máis do 70% de apoios
relacionada O PSOE reivindícase como a esquerda do país no seu 39 Congreso Federal
relacionada Iglesias e Sánchez acordan unha axenda común na súa primeira reunión tras 15 meses

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress