Enésimo rescate nas pozas do río Pedras na Pobra

Este xoves os bombeiros tiveron que acudir de novo á zona de piscinas naturais. O ferido tivo que ser trasladado en helicóptero.


|

RescateriopedrasImaxe doutro dos rescates deste verán. Foto: Bombeiros Boiro


Un home foi evacuado este xoves polo helicóptero Pesca 1 tras caer e resultar ferido nas pozas do río Pedras, na Pobra do Caramiñal.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, foi un particular quen informou sobre as seis da tarde de que o home sufrira unha caída nas proximidades dunha fervenza, unha zona de difícil acceso para as dotacións de urxencia.


Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribeira e aos de Boiro, a Protección Civil e á Policía Local, que participaron no dispositivo. Tamén se alertou ao Servizo de Gardacostas de Galicia.


O home foi evacuado ao Hospital do Barbanza para recibir atención médica, xa que presenta diversas fracturas óseas.

relacionada Así se xestou o rescate nas pozas do río Pedras
relacionada Segundo rescate do verán nas pozas do río Pedras na Pobra
relacionada Rescatan un home ferido nunhas pozas dun río na Pobra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE