SERGAS: Contas que non cadran


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_sharev3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102
Eva Solla
Vicepresidenta do Parlamento

Vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea. Enfermeira nas listas de contratación do SERGAS. Cursou os seus estudos na universidade pública. Desde pequena tivo inquedanzas políticas aínda que comezou a súa militancia hai case unha década nas filas de Esquerda Unida. Actualmente é Coordinadora Nacional de Esquerda Unida. Desde 2014 é a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia.

Sergas 5


O pasado 21 de xullo o presidente do Consello de Contas entregaba ao Parlamento de Galicia os últimos informes sobre a situación das contas na administración autonómica. Entre eles, o informe específico de fiscalización da conta do Servizo Galego de Saúde.



Un documento de máis de duascentas páxinas que a Xunta de Galicia introduce na gaveta de papeis esquecidos un ano tras outro. Iso se non rematan na destrutora de papel... esa que eles usan tan ben para desfacerse de documentos importantes...



Non é que o informe do Consello de Contas sexa un documento revolucionario, pero aporta chaves moi importantes, e nalgún caso moi graves, do que está a acontecer coa nosa sanidade pública e coa xestión do SERGAS.



En primeiro lugar a redución do investimento na atención primaria e o exiguo apartado económico adicado á saúde pública dan a medida de como ten mudado o paradigma do sistema sanitario. A prevención e a promoción da saúde son conceptos lonxanos aos dogmas neoliberais e, polo tanto, pouco atractivos para a política da dereita gobernante.



En segundo lugar resulta gravísimo comprobar que cada ano o Consello advirte dunha "Permanente insuficiencia estrutural dos créditos iniciais para dar cobertura ás obrigas de cada exercicio" e tamén avisa de que "se recorre de forma periódica a xerar gasto que excede as consignacións orzamentarias". Ou noutras palabras: o orzamento non chega e a Xunta incúmpreo todos os anos. Esta circunstancia é perigosa porque esas modificacións de partidas escapan a calquera control parlamentario. Prodúcese un abuso de opacidade no que nunca sabemos se o orzamento que debatemos cada ano serve para algo.



Pero o máis problemático para a saúde do sistema sanitario vén a continuación. O informe di o seguinte en canto aos concertos coa sanidade privada: "Advírtese da natureza estrutural destas contratacións, caracterizada por unha continuidade no tempo coma se reflexa nos atencedentes do primeiro concerto".


Os gastos en concertos privados incrementáronse un 0,9% no exercicio analizado (2015), feito que acompaña ás subas de anos anteriores. E ademáis agora o Consello de Contas recoñece que son xa estruturais.



A dereita adoita recorrerr ao "caractácter complementario" da sanidade privada con respecto ao sistema sanitario para xustificar as derivacións de doentes ás clínicas. Sen embargo, algo "estrutural" non é "complementario".


Non se está a utilzar a privada cando hai exceso de doentes nas listas ou de forma temporal, senón que a privada forma parte xa da arquitectura do sistema sanitario en Galicia. Mentres recorta o orzamento para a pública, o PP blinda a privada. Unha maneira de privatizar silente.



En cuarto lugar o informe do consello de Contas advirte de algo que é tamén dramático e ten que ver co anterior: a precarización do persoal público na sanidade.



Podemos dicir que ten que ver co anterior porque o empeoramento da calidade na pública só fai engordar as arcas da privada. Así, na lóxica neoliberal amplamente estudada dende a descomposición do National Health Service británico, menos persoal e en peores condicións na pública facilitan a privatización do sistema.



O informe do Consello de Contas traslada a crúa realidade: a temporalidade alcanza xa o 23,8% na atención primaria e o 34,5% no caso da atención especializada. En concreto, só no exercicio analizado di:"Obsérvase unha diminución interanual de 638 efectivos medios de persoal propietario e un incremento de 458 interinos". A maiores, advirte dun incremento do persoal eventual dun 9,3%.


A precariedade non é un xogo contable. Ademáis de pisotear os dereitos laborais e de conciliación, pon en xogo a calidade da asistencia no SERGAS.



Estes catro puntos son só algunhas das conclusións máis relevantes do informe de fiscalización. E podemos concluir que as contas para o noso SERGAS non cadran. E non van cadrar namentras quen aposta pola sanidade privada continúa ao fronte da pública. Non cadrarán mentres quen privatizan e recortan persoal sigan tendo impunidade para manter a opacidade nas contas, para modificalas ao seu antollo.


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_share_inferiorv3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102

1 Comentarios

1

ha llehado el momento de separar la sanidad pública de la privada hay que instaurar la ley de In comparibilidadea se evitará asi que aparezan casos de corrupcion

escrito por Angel manuel 05/Ago/17    14:34 h.

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress