Un incendio moi virulento en Verín ameaza un núcleo de poboación

Está declarada a 'situación 2' como medida preventiva. En poucas horas estendeuse con rapidez.


|

IncendioverinIncendio de Verín. Foto: @BrifLaza

A Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a 'Situación 2' no incendio forestal que permanece activo no municipio ourensán de Verín, parroquia de Val. Este nivel operativo de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Quirugás.


Segundo detallou o departamento autonómico, este incendio empezou ás 16,30 horas e, segundo as primeiras estimacións, afecta a máis de 40 hectáreas.


No seu control traballan un técnico, catro axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, tres pas, 12 helicópteros e catro avións.


Tal e como informan membros dos servizos de extinción en Twitter, as chamas avanzan con especial virulencia.



Ademais, o lume obrigou a cortar a estrada N-525, segundo contan outros efectivos de emerxencias.

relacionada Case 300 hectáreas devoradas polo lume esta fin de semana en Ourense
relacionada Traballadores contra incendios rodean a Xunta para reclamar unha OPE
relacionada Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais no último lustro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE