Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:01




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

A lonxa de Burela poxou máis de 400 toneladas de bonito esta campaña

|


Pesquerobonito

Menos frota local na costeira do bonito.


O xerente de Armadores de Burela S.A., Miguel Neira, destacou que, no que vai de costeira de bonito, poxáronse na lonxa de Burela máis de 400 toneladas deste peixe.


Segundo explicou o xerente dos armadores, o volume de negocio, "a peche de xullo", supuxo unhas vendas de máis de dous millóns de euros, en concreto 2.027.000, e un prezo medio, por quilo, de 5,09 euros.


A pesar dun incremento en vendas con respecto ao pasado ano de 247.000 euros, Neira lembra que "o 2016 fora nefasto" en canto á boniteira. "Non podemos falar de bos números", recoñece.


Ademais constatou que "este ano hai menos frota local" na costeira, tan só sete embarcacións de Burela fronte ás vinte que saían en campañas anteriores.


Nestes meses, desde o inicio da campaña a principios do verán, foron 34 os barcos que arribaron con bonito en Burela, na súa maior parte do País Vasco.

relacionada 30 barcos partirán de Burela para a costeira do bonito

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress