Alberto Corbacho reaparecerá no mesmo escenario da súa lesión

|

CorbachoobradoiroAlberto Corbacho reaparecerá ante o Baskonia. Foto: Obradoiro


O Obradoiro volverá pronto ao traballo coñecendo xa o calendario da próxima tempada, que, por casualidade, arrinca da mesma forma que o ano pasado.


Naquel primeiro partido, o equipo santiagués mediuse ao Baskonia na casa. Un encontro especialmente duro para Alberto Corbacho, que leva desde aquela data recuperándose da rotura do tendón rotuliano.


Un ano despois, o xogador volverá reencontrarse co mesmo escenario. "Foi unha coincidencia, que un ano despois... mesmo equipo e mesma cidade. O computador volveuse tolo", chanceou.


Corbacho asegura estar recuperado para empezar a tempada. "Desde o primeiro día quero empezar con normalidade", asegurou.


O Obradoiro asinou esta mañá un convenio polo que a aseguradora ASISA se converte no provedor oficial de saúde do club. A pesar diso, Corbacho desexou "non ter nada importante e non ter que vir usar a póliza".

relacionada David Barlow, nova fichaxe do Obradoiro: "O ambiente de Sar emocionoume"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress