Os orzamentos participativos de Santiago pasan a segunda fase con case 5.000 apoios

|

Contas 1


As propostas dos orzamentos participativos do Concello de Santiago recibiron entre o 6 de xuño e o 31 de xullo un total de 4.767 apoios, a dividir entre as 279 proposicións presentadas durante a primeira fase.


Diso informou este xoves en rolda de prensa a edil de Economía e Facenda, María Rozas, quen deu conta dos resultados da segunda fase do proceso de Orzamentos Participativos do 2018, na que os veciños puideron apoiar as opcións presentadas na fase anterior.


Segundo detallou, os investimentos recibiron 3.500 apoios, mentres que as actividades, tanto as festas do Apóstolo como de mocidade, sumaron un total de 1.267 (848 festas e 419 mocidade).


O número total de participantes situouse en 2.758, dos cales 1.057 son novas altas na plataforma e 1.728 son do ano anterior, que participan tamén do proceso este ano. Estas cifras, conforme destacou a edil, supoñen un incremento na participación superior ao 60%.


PROPOSTAS


Esta fase de validación de propostas permitirá ter unha lista de 140 opcións (20 por área temática), que serán analizadas por técnicos municipais para a votación, que comezará o 22 de setembro e se estenderá ata o 13 de outubro.


Entre as máis valoradas, a edil destacou a realización do 'Compostela Swing Festival', a posta en marcha dun bus urbano nocturno durante os festexos do Apóstolo ou a construción dun carril para bicicletas na parroquia de Chaián.


Ademais, a preguntas dos medios, a edil de Facenda explicou o sistema de seguridade na votación dos orzamentos participativos. "Existe un procedemento para altas que garante, sen acceso aos datos totais do padrón, confirmar o empadroamento da persoa".


Segundo explicou, o sistema tamén garante que, no caso de darse circunstancias anómalas, se active un protocolo de comprobación da identidade que, de non realizarse con éxito, supoñería a anulación dos votos. "Non houbo fuga de datos cara a fóra nin houbo ningunha fraude", manifestou.

relacionada Os orzamentos participativos de Santiago reciben case 300 propostas válidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress